Non ti piace? Non importa! Puoi restituire gli articoli fino a 30 giorni
Non puoi sbagliarti con un buono regalo. Con il buono regalo, il destinatario può scegliere qualsiasi prodotto della nostra offerta.
Fino a 30 giorni per il reso
Este libro é a biografía de Aníbal Otero Alvarez (1911-1974), filólogo que, en 1936, era, ós 25 anos, o lingüista máis versado no galegovivo e o de formación cientificamente máis moderna como fonetista,dialectólogo e lexicógrafo. Tamén era un excelente e apaixonadoco?ecedor do romanceiro da tradición oral. Como fonetista foi, ademais dun pioneiro, un mestre.Pero o verán do 36 tronzou, en boa parte, a súa vida profesional cando o 5 de agosto, en Valença do Minho, foi detido, ilegalmente, polaPolicía portuguesa, que o entregou, abouxado e inerme, ás autoridadesmilitares de Tui, que, sen lexitimidade política, asumiron unhadetención ilegal, unha especie de secuestro. Días antes, Aníbal Oteroentrevistaba os "camponeses" do norte de Portugal como colaborador doAtlas Lingüístico de la Península Ibérica, el que, meses antes,investigara os cincuenta e tres puntos do mapa idiomático de Galicia.Logo vén o calvario dun infame proceso xudicial, a solicitude de penade morte por parte do fiscal, unha longa condena e cinco anos deprisión en cinco cadeas distintas.Cando, nos anos cincuenta, Aníbal Otero volve á actividadelingüística, faino con dificultades, con limitación de medioscientíficos e con moi poucos azos. Aníbal Otero está dentro dascoordenadas da lingüística espa?ola nos anos da Guerra Civil e nosprimeiros da posguerra, esquema no que tamén se moven os seus dousgrandes mestres: Ramón Menéndez Pidal (nunha especie de exiliointerior) e Tomás Navarro Tomás (no exilio exterior, ergueito semprena belixerante dignidade de quen proclamaba que non "amnistiaba aFrancoö).
Ciao! Sono Libroamiko, il tuo consulente di libri.
Come posso aiutarti?