Non ti piace? Non importa! Puoi restituircelo entro 30 giorni
Non puoi sbagliarti con un buono regalo. Con il buono regalo, il destinatario può scegliere qualsiasi prodotto della nostra offerta.
30 giorni per il reso
O territorio da exploración dos abismos gañado por Rimbaud para a poesía márcano dúas mouteiras: 1873 e 1886. No primeiro deses anos saíu Une saison en enfer. Un disparo co que Verlaine lle acertou nunha man selara xa a ruptura definitiva entre ambos, e a nai do autor pagou a factura dunha imprenta de Bruxelas, que despacharía cincocentos exemplares. O outro ano de referencia, 1886, é o da publicación de Les Illuminations, escritas tamén no tempo da montaña rusa afectiva con Verlaine, que é quen esa vez se fixo cargo dunha edición de dous centos de copias. Rimbaud, afeito a que os sitios que ocupa o expulsen («como se tivesen mans», dixo Jacques Rivière), está daquela en Harar e a súa obra non obtén un eco inmediato, porque a súa é unha alma soa no tempo, pero lanza unhas sementes que, no futuro, abrollarán nos textos dos seus netos surrealistas e dos bisnetos da Beat Generation. Anxo e demo, nega por un igual os valores revolucionarios e os burgueses, e a posteridade encargarase de outorgarlle resplandores novos aos lóstregos da súa cólera; traducidos agora para o galego por Tamara Andrés e Oriana Méndez, con admiración e esmero.
Ciao! Sono Libroamiko, il tuo consulente di libri.
Come posso aiutarti?