Non ti piace? Non importa! Puoi restituire gli articoli fino a 30 giorni
Non puoi sbagliarti con un buono regalo. Con il buono regalo, il destinatario può scegliere qualsiasi prodotto della nostra offerta.
Fino a 30 giorni per il reso
Libro de arte, de imaxes de Ferrol creadas pola deseñadora local afincada en Valencia Elga Fernández Lamas. Inclúe 30 ilustracións: 15 de edificios que existen na actualidade e outras tantas de edificios que xa non están, como é o caso da fábrica de lapis, da factoría PYSBE ou da antiga churrería La Bola de Oro.En Baixo as mesmas nubes Elga Fernández interpreta un Ferrol que, en palabras do prologuista Xesús Constela, "é o barco que nos leva, a illa silandeira que navega na misteriosa deriva das súas propias singraduras, a nube que nos arrola entre as cores dos seus edificios máis emblemáticos". Nel están o Casino ferrolá, o faro do cabo Prior, a casa de Carvalho Calero, o cine Capitol ou o Club Copacabana, entre unha trintena de imaxes marabillosamente debuxadas por Elga.