Non ti piace? Non importa! Puoi restituircelo entro 30 giorni
Non puoi sbagliarti con un buono regalo. Con il buono regalo, il destinatario può scegliere qualsiasi prodotto della nostra offerta.
30 giorni per il reso
Unha emotiva historia de familia, convivencia e solidariedade. Un breverelato cheo amor e sabedoría sobre a xustiza, o sentido da vida e a morte desdeos ollos da infancia. Charlotte, co seu case sete anos, empeza a escribir as súas memorias. Encántalle cambiar de nome, abrazar ao seu irmán, liberar grilos ou inventar palabras. O seu pai traballaba deseñando motores para avións, aínda que agora recolle chatarra. A súa casa parécelle un cámping con colchóns, montañas de roupa e xoguetes por todas partes. Cando a súa nai enferma, Charlotte adopta o nome de Payasa e proponse coidar aos seus pais. Máis tarde, disposta a modificar o rumbo dos acontecementos, chamarase Meiga. E aínda que as magas non sempre poden cambiar as cousas, polo menos poden pedir desexos. Como fotografías dun álbum familiar, as ilustracións de Clara Aciñeiras achegan os protagonistas da historia aos lectores e lectoras revelando detalles significativos das súas vidas cotiás.