Non ti piace? Non importa! Puoi restituire gli articoli fino a 30 giorni
Non puoi sbagliarti con un buono regalo. Con il buono regalo, il destinatario può scegliere qualsiasi prodotto della nostra offerta.
Fino a 30 giorni per il reso
A paixón do escritor pola literatura amósase tamén na súa paixón pola lectura. Neste libro de ensaios sobre estética e liberdade na literatura, Xosé Carlos Caneiro define o seu propio territorio literario, comparte cos lectores e lectoras todo un universo de lecturas, autores e personaxes, precisamente aqueles que configuran o que Caneiro define como "literatura a contracorrente". Fronte á "ditadura do simplismo", Os dominios de Caín constitúen unha defensa da literatura como maneira de entender a vida. O libro é unha interesante e polémica reflexión sobre o destino da literatura, sobre a función do escritor e a arte literaria, sobre as relacións entre estética e mercado e sobre a literatura como liberación. Os dominios de Caín son unha lectura orixinal, persoal, non exenta de paixón, da tradición literaria, unha tradición na que, para Xosé Carlos Caneiro, Joyce comparte espazo con Otero Pedrayo, Borges con Risco e Cunqueiro con Cela. Un libro para gozar da literatura, para intentar comprendela, para abranguela na súa complexidade pero, sobre todo, para incitar a ler máis.
Ciao! Sono Libroamiko, il tuo consulente di libri.
Come posso aiutarti?