Non ti piace? Non importa! Puoi restituire gli articoli fino a 30 giorni
Non puoi sbagliarti con un buono regalo. Con il buono regalo, il destinatario può scegliere qualsiasi prodotto della nostra offerta.
Fino a 30 giorni per il reso
Roi acende a videoconsola para botar outra partida co seu xogofavorito dende hai unhas semanas, a última versión dos súperloitadores Mortal Combat versión 3.0. Pendente de chegar á gran finaldo xogo, nin atende a chamada do seu amigo Sebas, nin a do seu pai eten unha boa liorta coa súa nai. Roi, a pesar de todo, xoga coaconsola ata quedar durmido deixando a Ken, o personaxe do seuvídeoxogo favorito, perdido baixo as letras vermellas de "Game over".Roi emprende así a viaxe ao seu país das marabillas e dos seus medos.Game over de Carlos Losada obtivo o Premio Manuel María de LiteraturaDramática Infantil 2007. O xurado do certame salientou o interese dotema central da peza, o illamento ao que se someten na actualidade ospequenos enganchados ao mundo das pantallas. Así mesmo, destacou ointeresante tratamento que se lle concede á violencia e a introduciónda máquina como un dos personaxes. A presente edición, de Xerais eIGAEM, foi ilustrada por Fran Pedreira.