Non ti piace? Non importa! Puoi restituire gli articoli fino a 30 giorni
Non puoi sbagliarti con un buono regalo. Con il buono regalo, il destinatario può scegliere qualsiasi prodotto della nostra offerta.
Fino a 30 giorni per il reso
Laiovento orgúllase de publicar Loaira, obra cimeira da literatura galega do S. XX, en que Anxo A. Rei Ballesteros traballou durante dez anos até a dar á luz en 1992. Queremos contribuír así para que texto tan sinalado encontre novos lectores e reciba o recoñecemento que merece. É unha novela radicalmente política e unha apaixonante historia de amor (como enerxía comunicante que transborda as fronteiras entre todos os seres), tamén do amor á Galiza, no seu tratamento da forma en que vivimos ou non damos vivido a vibración do ser comunitario. Escrita nunha prosa espléndida, o Anxo sabe preservar a emoción, unir harmonicamente a comedia e a traxedia e difundir humor ás carradas. Esta Loaira, gobernada polo máis inabalábel respecto ao texto orixinal, corrixe as numerosísimas grallas que tanto desluciron a primeira edición e suxire en coherencia co espírito antiautoritario (contra o Autor coactivo) do Ballesteros unha orde de lectura dos capítulos alternativa, a cal torna un texto tradicionalmente considerado difícil nunha novela fascinante, a mellor recreación artística do mundo estudantil de Santiago de Compostela nos inesquecíbeis anos do tardofranquismo e memoria viva das súas pulsións máis imperecedoiras, nomeadamente, a emancipadora esixencia de mudar a vida.
Ciao! Sono Libroamiko, il tuo consulente di libri.
Come posso aiutarti?