Non ti piace? Non importa! Puoi restituircelo entro 30 giorni
Non puoi sbagliarti con un buono regalo. Con il buono regalo, il destinatario può scegliere qualsiasi prodotto della nostra offerta.
30 giorni per il reso
Lukumí é a historia do mulato Estevo, marcado por dúas culturas, a do seu pai galego e a da súa nai, descendente de escravos africanos. Nesta novela Alfredo Conde deixa que sexa o protagonista da novela quen conte a historia da familia da súa nai, bailarina do famoso cabaret Tropicana, e máis da súa avoa materna, orgullosa de desdencer de escravos lukumís, unha xinea africana cuxos membros preferiron suicidarse antes que seguir en escravitude. A novela tamén vai descubrindo progresivamente a outra historia da familia do mulato Estevo, fillo dun galego cegado a Cuba para colborar na creación da nova sociedade comunista, tarefa da que axiña se decepciona. As ilusións frustradas acaban por modelar o destino de Estevo, que, cunha voz descrida e escéptica, vai narrando, a traves da historia familiar e da súa propia experiencia, a colonización de Cuba, o devalo da revolución e a esperanza frustrada da utopía internacionalista. Cunha prosa fluída, que habelenciosamente encadea feitos, anécdota e digresión, a novela sitúanos ante o último, e, se cadra, definitivo desengano: as miserias do capitalismo.