Non ti piace? Non importa! Puoi restituire gli articoli fino a 30 giorni
Non puoi sbagliarti con un buono regalo. Con il buono regalo, il destinatario può scegliere qualsiasi prodotto della nostra offerta.
Fino a 30 giorni per il reso
Un artesán rememora os anos de aprendizaxe ao carón do seu mestre, un señor verdadeiramente fermoso que no seu obradoiro prepara maravillosos obxectos; unha evocación emocionada daqueles tempos de formación e esperanza na Aldea, a cidade maior da Terra de Nós. O Cumio encarga a un militante clandestino realizar unha perigosa operación de rescate nas Illas Brancas. O novo Galván, tras tres anos e medio na cidade de Duio, regresa ás terras natais de Saor. Martiño de Dume, pontífice da nobre metrópole galega, camiña cara ao Campo das Estrelas onde xace o Decapitado que el privou da súa rolda multitudinaria..."Mitos e memorias" reúne novos relatos, maiormente épicos e memorialísticos, nos que o autor procura a construcción do espacio mítico e atemporal da Terra de Nós. Textos miniados nunha lingua de estirpe e tecidos con fluidez e esmero ao longo de case vinte anos de producción narrativa, amosan a madurez creativa dun dos novos clásicos contemporáneos.
Ciao! Sono Libroamiko, il tuo consulente di libri.
Come posso aiutarti?