Non ti piace? Non importa! Puoi restituire gli articoli fino a 30 giorni
Non puoi sbagliarti con un buono regalo. Con il buono regalo, il destinatario può scegliere qualsiasi prodotto della nostra offerta.
Fino a 30 giorni per il reso
Este libro foi publicado por Luísa Villata en 1992 en Edicións Laiovento, unha editora que daquela tiña pouco mais dun ano de existencia. De feito, o volume que agora reeditamos foi o número 9 da súa colección xeral.A peza O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca, a pesar da sua transcendencia tanto social como literaria, foi pouco ou case nada estudada até o momento en que Luísa Villalta abordou a sua análise, unha peza esquecida nos sotos do inmenso edificio que é a obra de Álvaro Cunqueiro.Nacida baixo o signo da polémica, o autor confesa-nos en diversos lugares que esta obra é produto dos moitos anos que pasou a matinar na traxedia de Shakespeare intentando explicar-se a si mesmo a cuestión: quen é Hamlet? Eis a incógnita dunha ecuación que se formula única e exclusivamente en termos teatrais e cuxas raíces se perden nas mais remotas tradicións nórdicas.
Ciao! Sono Libroamiko, il tuo consulente di libri.
Come posso aiutarti?