Non ti piace? Non importa! Puoi restituire gli articoli fino a 30 giorni
Non puoi sbagliarti con un buono regalo. Con il buono regalo, il destinatario può scegliere qualsiasi prodotto della nostra offerta.
Fino a 30 giorni per il reso
A vila de Vigo vive unha época de prosperidade no amencer do séculoXIX. A pesca, a salgadura e o comercio incipiente foron a base docrecemento do vello burgo pechado nas súas murallas, que agora contaxa con dez mil habitantes e se vai transformando na verdadeiracabeceira da bisbarra, en clara competencia con Tui, a capitalprovincial. Pero está a piques de vivir as máis terribles penalidadesda guerra que, a comezos de 1809, vai entrar en Galicia a sangue elume. A plácida e próspera vila vai converterse en cidade. Mais haberá de facelo con indicibles sufrimentos. Reconquista: Vigo en armas deEduardo Rolland relata, baseándose en sólidas fontes documentaisauténticas, en boa parte inéditas, os acontecementos vividos en Vigo e Galicia durante 1809, deixando que falen os feitos e os seusprotagonistas. Sen a intención de escribir nin odas nin haxiografíasdaqueles inimitables galegos, o autor retrata a vida de todos osheroes da Reconquista, algúns deles pouco reco?ecidos, comoCachamuí?a, o frade Villageliú, o abade do Couto, Juan BautistaAlmeida ou o misterioso Villuendas, auténtico axente secreto queoperaba intramuros durante a ocupación francesa. Un feito históricoriquísimo en acontecementos que agora, coincidindo co bicentenario dafundación da cidade, se presenta de forma desmitificadora neste librode investigación fundamental sobre a Reconquista de Vigo.